Novas por contido

Supoñamos que traballas nun centro escolar, e que tes ao teu coidado a menores de 13 anos ou maiores a cargo afectados polo peche dos respectivos centros. Si resulta que eres docente, a Consellería de Eduación tivo en conta as túas circunstancias e non terás que realizar traballo presencial por agora. Pero se eres non docente, estás fodido.

A Consellería de Educación publicou o venres 22 de maio unha Resolución pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020 [..] e adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino.

Pero a Consellería de Educación non ten na mesma consideración a uns e a outros. Protexe ao persoal docente. Despraza ao non docente. Como se entende, se non, que ante circunstancias familiares idénticas, o persoal funcionario docente poida evitar ter que ir ao centro de traballo, mentres que o non docente si ou si ten que buscarse a vida e presentarse no chollo?

Claro, será que os docentes poden teletraballar e os non docentes non poden, oh! Pois resulta que se es docente e non podes teletraballar serás substituido, mentres que se es non docente, a apandar toca, xa que no teu caso o protocolo indica claramente que non haberá incremento de persoal.

Unhas semanas antes da Resolución do 22 de maio, a consellería publicara unhas “recomendacións”, sen ningún tipo de información nin reunión coa representación sindical do persoal. Esto motivou que a CIG presentase unha denuncia en Inspección de Traballo, co resultado de que a Inspección obrigou á consellería a que se reunise coa representación sindical. E efectivamente convocaron o Comité Intercentros de Seguridade e Saúde laboral, e se reuniron cos sindicatos da Mesa Sectorial de Negociación de Docentes

E o persoal non docente? Nin unha soa reunión, nin un correo. Será por menosprezo, será porque somos menos guapos e guapas, o feito é que a señora conselleira e o señor secretario xeral técnico, con quen se sentan a falar é exclusivamente cos representantes do persoal docente. Por tanto, a representación legal do persoal laboral, do persoal subalterno e do persoal auxiliar administrativo, escollidos nas eleccións sindicais, non tivemos opción a poder discutir coa Consellería de Educación nada.

En consecuencia, CIG-Autonómica ven de poñer unha nova denuncia na Inspección de Traballo. A ver se desta vai.

Volvendo ao protocolo IMPOSTO ao persoal non docente sen negociación nin consulta: o que segue forma parte da denuncia interposta por CIG-Autonómica.

1. Este protocolo recolle textualmente que “Non se realiza unha análise pormenorizada do riscos en cada un dos centros educativos xa que as medidas teñen carácter xeral e son de aplicación indistinta en cada un dos centros con independencia da súa ubicación e características físicas.

A día de hoxe non nos consta que se fixese nengunha Avaliación de riscos laborais ao risco biolóxico ao COVID19, nos centros educativos, nos que se inclúa un plan preventivo para o persoal de limpeza, o persoal subalterno nin para o persoal administrativo. Estas tres categorias de persoal polas suas función teñen un risco importante de contraer o virus así como de espallalo entre as persoas dos centros tanto alumnos, ensinantes ou externo. 

A este persoal non se informou das medidas que teñen que tomar nin por suposto se formou adecuadamente para realizar as tarefas con seguridade fronte este axente infeccioso.

2. Respecto da conciliación daquel persoal non docente que ten menores ou maiores a cargo, este protocolo non recolle nin establece ningún tipo de medida para a súa conciliación, polo que este persoal queda nunha situación de indefensión e discriminación absoluta respecto do persoal docente co que comparte centro de traballo e do resto de empregadas e empregados públicos ao servizo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

3. No protocolo establécense as “Medidas xerais de hixiene e limpeza do centro educativo”, pero non se informa e tampouco se forma ao persoal de limpeza e non se establecen as medidas de protección e prevención necesarias para o desarrollo deste traballo porque non se fixo unha avaliación do risco destes postos e non se establecen os EPIS necesarios.

4. No punto 4.5  “As direccións dos centros educativos arbitrarán as quendas posibles do persoal de limpeza propio do centro que permitan dar cobertura as necesitades de limpeza establecidas no presente protocolo, sen que iso implique a petición de novos efectivos". E no punto 8.4 “Durante a xornada lectiva unha persoa do servizo de limpeza realizará unha limpeza de superficies de uso frecuente tres veces ao día”.

Segundo o anterior a limpeza de superficies e estancias (algunhas ata 3 veces ao día) non pode supor a petición de novos efectivos. Preténdese, por tanto, incrementar a frecuencia da limpeza e con maior precaución, o que implica un importante incremento da carga de traballo cos mesmos efectivos (ou menos, debido ao desprazamento dunha parte do persoal a centros de Política Social). Resulta, xa que logo, que facelo ben é un traballo imposíbel sen poñer en risco a propia saúde das traballadoras e traballadores ademáis da do resto do persoal e usuarios/as do centro.

O persoal de limpeza traballa de xeito habitual cando o centro está pechado ou ten o menor número de usuarios polo que segundo este protocolo poden establecerse quendas arbitradas exclusivamente polas direccións dos centros, sen negociación previa coa representación sindical.

En definitiva ante este aumento da carga de traballo non se implementan nin medidas organizativas nin de aumento de cadro persoal, nin se produce negociación algunha coa representación sindical.

5. Este protocolo establece que o persoal non docente que como máximo retornará aos centros ascenderá a 3.100 persoas. E para eles e elas non hai información, formación, medidas de prevención e protección nin medidas de conciliación da súa vida laboral e familiar.

- Persoal administrativo e subalterno: dada a situación actual dos centros de ensino as dependencias nas que traballa este persoal veñen sendo espazos moi reducidos nos que hai que compartir equipos de traballo (ordenador, rato, mesa, teléfono e material de oficina) e onde é moi difícil manter o distanciamento social. Ademáis é precisa a constante atención ao público e tratamento de documentación co risco que esto supón. Nalgúns centros o persoal subalterno recibiu indicacións de realizar fotocopias da documentación da matrícula ás persoas que o solicitan, co que teñen que tocar documentos e diñeiro das persoas usuarias. O persoal subalterno ten que acompañar ás aulas aos rapaces/as e seus pais que veñen a recoller o material e libros que alí quedou. As solicitudes de axudas de material escolar e fondo de libros son recollidas, dependendo das ordes das direccións, ben polo persoal subalterno, ben polo auxiliar administrativo, co que implica de contacto con documentación. 

- Persoal de limpeza: tamén polas característas dos centros de ensino, na maioría destes centros o persoal dispón de espazos moi pequenos que empregan a modo de vestiarios (algúns incluso empregados tamén como almacén de productos e útiles de limpeza) e na gran maioría dos centros non se dispón de duchas, imprescindible neste momento onde se recomenda extremar as medidas de hixiene.

Por outra banda, todas as recomendacións sanitarias indican que a roupa de traballo debe ser suficiente para poder proceder diariamente ó seu lavado e desinfección de forma mecánica en ciclos de lavado entre 60 e 90 ºC. A roupa de traballo que se lle facilita a este persoal é como máximo dous equipos completos ao ano, polo que é claramente insuficiente si non se lle facilita outro tipo de equipos, por exemplo, desbotables.

Este persoal se realiza funcións de limpeza de instalacións durante o período de apertura ó público non pode garantir as distancias con respecto ós usuarios, pois está en acción permanente en aseos e corredores polos que transitan os visitantes. Esta falta de avaliación dos seus postos como expostos ao risco biolóxico non é acorde coas medidas establecidas polo Ministerio de Sanidade, que constan no documento denominado “Buenas Prácticas en los Centros de Trabajo Medidas para la Prevención de Contagios del Covid19”. Ademais, no documento denominado “Procedimiento de actuación para los servicios de prevención de riesgos laborales frente a la exposición al SARS-Cov-2, de 30 de abril de 2020” consta: “Se prestará especial atención a la protección del personal trabajador que realice las tareas de limpieza”.

- Persoal coidador: O traballo deste tipo de persoal require o contacto directo e estreito con alumnado con especiais necesidades polo que non haberá posibilidade de manter o distanciamento social de 2 metros polo que é imprescindible dotalo de EPIS.

- Persoal Intérprete de lingua de signos: Ao igual que o persoal coidador e debido ó seu traballo manter a distancia social de 2 metros resulta, cando menos, complexo polo que tamén é imprescindible dotalo de EPIS

Rematamos. A denuncia xa está presentada perante a Inspección de Traballo. Agardamos que esta faga entrar en verea ás persoas responsábeis políticas da Consellería de Educación para que, como mínimo, teñan que sentarse a escoitar ás persoas representantes sindicatos do persoal laboral e persoal funcionario non docente da Administración Xeral da Xunta de Galiza con destino nos centros educativos.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...