A Dirección Xeral de Función Pública anuncia no seu web a reanudación do prazo para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas do Decreto 37/2006 do 1 de xuño ao 18 de xullo de 2020, con efectos dende o 1 de xuño.

Esto di o anuncio de Función Pública:

O prazo para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o nomeamento de persoal funcionario interino, e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza, inicialmente establecido do 1 de marzo ao 30 de abril de 2020, atópase suspendido dende o 14 de marzo de acordo co establecido na Disposición Adicional Terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo que declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Con data 23/5/2020 publicouse no BOE a Resolución do 20 de maio de 2020, do Congreso dos Deputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, na que se establece no seu apartado décimo:

“Con efectos desde o 1 de xuño de 2020, derrogarase a disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, relativa á suspensión de prazos administrativos. Desde esa mesma data, o cómputo dos prazos que fosen suspendidos renovarase, ou se reiniciará, se así se previu nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas.”

Por este motivo, infórmase da reanudación con data de efectos do 1 de xuño de 2020 do prazo para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o nomeamento de persoal funcionario interino e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia polo tempo equivalente ao que permaneceu suspendido.

O persoal interesado en formar parte das listas de contratación temporal, constituídas ao abeiro do Decreto 37/2006, de 2 de marzo, que se atopaban abertas para anotarse nelas antes declaración do estado de alarma, poderá continuar coa presentación das solicitudes de inclusión a partir do día 1 de xuño de 2020 ata o 18 de xullo do ano 2020 ambos incluídos.