No DOG do 4 de xuño de 2020 vén de publicarse unha Orde pola que se dispón que o 15 de outubro de 2020 entrará en vigor  o novo sistema de chamamentos electrónicos das listas de contratación do Decreto 37/2006 a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal.

Para a posta en funcionamento do sistema de citacións electrónicas realizarase un proxecto piloto nos ámbitos da provincia de Pontevedra nos grupos II-006 (Educador/a. Profesor/a especial), V-001 (Camareiro/a-limpador/a. Axudante cociña. Pasador/a de ferro-lavandeiro/a. Costureiro/a. Cortador/a. Pasador/a de ferro. Lavandeiro/a) e V-011 (Limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a cociña-pinche. Servizo doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal servizos xerais)

A realización dese proxecto piloto levarase a cabo desde o 15 de xuño ata o 14 de outubro de 2020.