Contámosche os pasos a seguir para a presentación das solicitudes e documentación das listas de contratación da Xunta, unha vez reiniciado o prazo para anotarse tras o parón polo COVID19.

1º. Encher a solicitude no web de Función Pública: ligazón.

Esta solicitude non admite presentación telemática, xa que debe vir acompañada de documentación que actualmente non pode ser consultada por medios telemáticos.

2º. Encher o impreso de taxas ( 18.04€ no ano 2020)

Estarán exentas do pago da taxa para a inscrición nas listas de contratación:

  • Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%. Esta circunstancia acreditarase coa copia cotexada do certificado de discapacidade.
  • Persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. No caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%. Este extremo acreditarase coa copia cotexada do título de familia numerosa.

Bonificación do 50% 

  • Persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, 6 meses antes da data de convocatoria.
  • Será requisito para o goce da exención do 50% do importe da taxa non estar a percibir prestación ou subsidio por desemprego. A acreditación desta situación farase coa certificación expedida pola oficina de emprego na que conste que a/o aspirante figura como demandante de emprego desde, polo menos, o 1 de setembro de 2019 ata a data da súa solicitude, e que na data da solicitude non percibe prestación ou subsidio por desemprego.

Estarán exentas da presentación destas certificacións as persoas interesadas que manifesten na solicitude o consentimento expreso para que o órgano convocante poida acceder á comprobación destes datos.

3º. Presentar nun rexistro a solicitude cuberta e o impreso de pago de taxas xunto con:

  1. Certificado debidamente compulsado do grado de coñecemento do idioma galego.
  2. Fotocopia, debidamente compulsada, da titulación requerida.
  3. Fotocopia do Documento de Identidade. 

Os puntos B e C poden substituírse polo seu consentemiento expreso na solicitude para que o órgano convocante poida acceder a estes datos e os demais requisitos da lista.

PROCEDEMENTO PARA PRESENTAR NO REXISTRO

Ata o 16 de xuño os rexistros de Vicepresidencia dos edificios administrativos da Xunta estarán traballando no horario normal de maña, tarde e sábado; pero por control de fluxos de xente entrando nos edificios É OBRIGATORIA A CITA PREVIA, que se pode pedir a través da web no enlace https://www.xunta.gal/cita-previa ou no 012 (ou 981 900 643).

A partir do 16 de xuño comenzará o horario de verán e só atenderán de luns a venres en horario de mañá; pero seguirán con cita previa.

Permanecen abertos tamén os rexistros das oficinas comarcais de Vicepresidencia nos seus horarios habituais de maña.

Respecto doutros rexistros, estanse adaptando á situación e abrindo pouco a pouco. Recomendamos informarse de si están ou non abertos e si se precisa cita previa antes de acudir a calquer rexistro destes.