A Xunta, durante o estado de alarma, estivo trasladando parte do seu persoal a centros da Consellería de Política Social e incluso a residencias privadas.

Este persoal trasladado á forza é maioritariamente do Consorcio e da Consellería de Educación e incluso a Xunta tirou de persoal de listas, para beneficio das residencias privadas.

Na CIG estivemos reclamando información, seguridade e a garantía do respecto das súas condicións laborais e loitamos a prol da voluntariedade e en contra dos traslados forzosos e opacos. A actitude autoritaria e de desleixo a información e a negociación da consellería de Política Social xa é coñecida e, ao remate do estado de alarma, sen inmutarse, continuou con esta mobilidade e cesión de persoal.

Así o persoal do Consorcio recibiu un requirimento para a prestación deste servizo. Unha vez rematado o estado de alarma e respecto dos “Requirimentos” de prestación de servizos efectuados polo Xerente do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar no mes de xuño de 2020 hai que ter en conta o tempo de efectos do requirimento xa que de continuar os seus efectos despois do 15 de xuño do 2020 entendemos que a Orde SND/295/2020 perdeu a súa vixencia co levantamento do estado de alarma en Galiza. A CIG ten iniciadas accións contra este confinamento de dereitos, pero a nivel individual preguntamos como debemos actuar ante esta mobilidade:

a) Cumprimentar a orde primeiro (garantindo a nosa seguridade laboral).

b) Acudir a Asesoría Xurídica da Comarca para presentar demanda no xulgado e na ITSS.

Respecto do persoal doutras consellerías e que non recibiu ningún tipo de requirimento o modo de actuación sería o mesmo.

 

Ante calquera dúbida ponte en contacto coa CIG