No DOG do 20 de xullo publícase a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se autorizan os criterios de reparto e a convocatoria do FAS do ano 2019, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

A solicitude presentarase dentro do prazo de dez días seguintes ao da publicación da convocatoria en DOG.

Os criterios de reparto manteñen a desaparición do FAS que comezou no 2011 coa eliminación de máis de 7 millóns de euros e a limitación a unha única modalidade.

Para facernos unha idea do que falamos, vai un cadro coas modalidades e importes dos anos 2010 e 2019:

FONDO DE ACCIÓN SOCIAL

2010

2019

 CONTÍA GLOBAL

 9.136.392 € 

 2.000.000 € 

 CONTÍAS MÍNIMAS POR MODALIDADES

Atención á discapacidade 1.300 € 2.160 €
Xubilación 3.500 € 0 €
Fillos/as menores 150 € 0 €
Estudo de fillos/as 90 € 0 €
Estudo do persoal da Xunta 200 € 0 €
Adquisición de vivenda 1.532 € 0 €
Maiores a cargo 200 € 0 €
Gastos sanitarios (tratamentos, próteses) 60 € 0 €
Gastos sanitarios (produtos alimentarios) 60 € 0 €