Novas por contido

Para tratar sobre a modificación das RPTs de Atriga, Facenda e Medio Rural, así como os buzóns de postos para a elección de destino dos procesos selectivos de veterinarios/as, finanzas-A1 (P.I.), arqueólogos/as e C1-Xeral (P.I.). A maiores falamos do teletraballo, plan covid de centros de ensino, procesos selectivos, concursos, máscaras..

Á xuntanza, convocada con carácter previo á Mesa Xeral (MX) e Comisión de Persoal (CP) do mércores 29, asistimos as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT.

RPT DE ATRIGA/FACENDA

Comprométense a revisar as áreas funcionais. Nada máis. Esta é a proposta que envían para a MX e CP.

RPT DE MEDIO RURAL

Amortizan como persoal laboral, e crean como persoal funcionario, os postos ocupados por persoal laboral indefinido que superou o proceso selectivo de persoal funcionario veterinario. Descargar a proposta que vai á MX e CP.

ELECCIÓN DE DESTINO DOS PROCESOS SELECTIVOS

Para os seguintes procesos selectivos, queren convocar elección de destino telemática (ver borrador do protocolo) no mes de setembro:

  • C1-Xeral (P.I.)
  • Finanzas-A1 (P.I.)
  • Veterinarios/as
  • Arqueólogos/as

Os tres primeiros vai ser destino provisional. Arqueólogos/as vai ser definitivo (inaceptable que pasaran catro anos dende o destino provisional). A CIG defende o destino definitivo, pero sen concurso de traslados previo, non deixan outra alternativa que o provisional.

Para os de promoción interna solicitamos que o destino provisional sexa voluntario. O DXFP comprometeuse a dar resposta na MX. 

No caso de C1-Xeral(P.I.), solicitamos que se poidan reclasificar os postos. Teñeno moi doado: os postos C2 de centros de ensino xa teñen nivel 14, que é o mínimo de C1. Non teñen vontade de facelo.

Informa que no mes de setembro poderían ir máis eleccións de destino, pero non concreta nada máis.

CONCURSOS DE TRASLADOS

Para corpos xerais, informa o DXFP que nuns días van ampliar o prazo para o rexistro de méritos debido a que nos metemos xa en agosto e que a cita previa está a producir atrancos.

A CIG manifesta que que moitos dos problemas que estamos a ter coas eleccións de destino teñen que ver co retraso nos concursos. Non pode ser que pasen anos, ou décadas, sen concurso. E non pode ser que pasen anos dende o destino provisional ata o definitivo por falta de concurso. Moi lonxe queda o famoso concurso de traslados permanente.

PROCESOS SELECTIVOS PENDENTES

No caso dos de corpos xerais (libre e promoción interna) convocados hai dous anos, e moitos deles pendentes unicamente ou da resolución cos aspirantes aprobados ou, no caso da promoción interna, da resolución provisional ou definitiva de méritos, NON quere contestar.

O que si nos conta, para evadir a responsabilidade, é do rápido que van ir os próximos procesos interrumpidos e que nos vindeiros días van publicar as datas dos exames de 12 ou 14 procesos selectivos, sendo en todos os casos posteriores ao 1 de outubro. Pero para os demáis (aqueles que ainda non arrancaron), non se quere mollar.

Estes son os datos que nos facilitaron o martes 28:

OEP

PROCESO SELECTIVO

DATA

LUGAR

HORA

EXERCICIO

Convocatoria DOG

2016

A1 Promoción interna Sistema e tecnoloxías da información

1 outubro

EGAP (Aula 11)

16:30

 

2016

A2 promoción interna xestión de sistemas de informática

1 outubro

 

EGAP (Aula 2)

16:30

 

28.7.2020

2016

A1 Enxeñeiro Montes

2 outubro

EGAP (Aula 2 e 7)

16:30

 

2018

A1 Letrados

5 outubro

SAN CAETANO (Sala E)

16:30

20.7.2020

2016

A2 Enx. Tec. Agricola

6 outubro

EGAP (Aula 2 e 7)

16:30

31.7.2020

2015

A1 Sistema e tecnoloxías da información

13 outubro

EGAP (Aula 2)

16:30

31.8.2020

2017

A2 Enx. Tec. Obras Públicas

13 outubro

EGAP (Aula 7)

16:30

 

28.7.2020

2016

A1 Enxeñeiro Agrónomo

14 outubro

EGAP (Aula 2)

16:30

 

2017

A1 Enxeñeiro Camiños

14 outubro

EGAP (Aula 7)

16:30

31.7.2020

2016

A2 Enx. Tec. Forestal

15 outubro

EGAP (Aula 7 e 11)

16:30

 

2018

A1 Letrados

26, 27 e 28 outubro

SAN CAETANO (Salón 2)

16:30

 

REINCORPORACIÓN AO TRABALLO PRESENCIAL

Remata o teletraballo COVID. As persoas con teletraballo por conciliación ou situacións excepcionais (como mulleres embarazadas) poderán continuar con teletraballo ata o 21 de setembro. As demáis persoas (teletraballo COVID), teñen que incorporarse.

O de que o teletraballo se prorrogue ata tres meses despois do estado de alarma, (Real Decreto-lei 15/2020) tal e como recomenda o Goberno do Estado soalle a chinés.

E como seguir prometendo é gratis-free, anúncianos que na primeira quincena de setembro, “en principio”, van convocar o grupo de traballo sobre teletraballo, para adaptalo ás novas experiencias e circunstancias. O DXFP comprométese a enviar “pronto” un borrador.

MÁSCARAS

Reclamamos que a Administración ten que facilitar as máscaras, pois ainda que sexan de uso obrigatorio, e ainda que instalaran anteparos, hai espazos comúns (como corredores) nos que é imposíbel manter a distancia de seguridade, polo que é a empresa a que está obrigada a facilitar os medios de protección. Os demáis sindicatos apoian esta petición.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...