A Consellería de Educación publicou o mércores 22 de xullo un protocolo COVID para os centros de ensino para o curso 2020/2021. Nese protocolo modifícanse as condicións de traballo do persoal non docente, polo que a consellería está obrigada a dar conta á lexítima representación do persoal afectado

Como para a Educación o persoal non docente non conta, ou se cadra pensan que negociando cos docentes a cousa xa está ben feita, a consellería convocou a Mesa Sectorial de Negociación de Docentes para informarlles das medidas. 

Ainda que xa llo pedíramos por escrito días antes, na xuntanza co director xeral de Función Pública que tivemos o luns 27 de xullo, reclamamos que se incluise na orde do día da Mesa Xeral do mércores 29, o protocolo COVID para os centros de ensino. A petición da CIG foi apoiada polos demáis sindicatos con representación na Mesa Xeral. O motivo é evidente: Educación non pode aprobar un protocolo que altera as condicións de traballo do persoal sen dar conta á lexítima representación destes.

Comprometeuse o DXFP a falar coa Secretaría Xeral Técnica de Educación e valorar se o protocolo altera ou non as condicións de traballo do persoal non docente e, nese caso, actuar en consecuencia. Así que poñémoslle ao DXFP e ao SXT de Educación, algúns exemplos de aspectos que alteran as condicións de traballo:

  • Persoal de limpeza: normalmente traballan cando non hai clases (polas tardes) e o protocolo obriga a que para o curso ten que estar presente unha persoa de limpeza durante o horario lectivo.

  • Persoal coidador: o seu traballo é atender a nenos e nenas con necesidades especiais, e o protocolo quere que acompañen aos nenos de infantil o baño.

  • Persoal de cociña: para o curso haberá tres quendas de comedor, o que implica maior carga de traballo e probablemente de horario.

Estes son uns exemplos de cambios de condicións de traballo que decide a consellería dando conta aos representantes sindicaos dos docentes en troques da representación sindical do persoal non docente. 

Se cadra teremos que presentarnos nosoutros na seguinte Mesa Sectorial de Docentes.