Novas por contido

Nestes días estamos a recibir multitude de queixas porque non se están a proporcionar máscaras ao persoal da Xunta, especialmente nos centros administrativos e nos de educación. Para saber que máscara é a que tes que poñer (cirúrxica ou Fpp2) consulta a Avaliación de riscos laborais ao risco biolóxico Covid do teu centro no posto ou tarefas que realices.

En xullo publicamos unha nova no noso web explicando a normativa actual que obriga ao empresario/a de proporcionar máscaras e outro material de protección, e propón aplicar sancións se non cumpre.

Como exemplo, logo da denuncia da CIG-Autonómica ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social pola falla de medidas nas escolas infantís, a autoridade laboral requiriu á revisión dos protocolos en relación co uso da proteción respiratoria instando á Xunta á proporcionar 1 máscara cirúrxica cada 4 horas e sinala o uso de EPI (máscara FPP2) naqueles supostos de persoal especialmente vulnerable e/ou nas tarefas con risco (salpicaduras, etc..) nas que é imposible gardar a distancia de seguridade.

Como conclusión:

  1. A máscara é obrigatoria no posto de traballo cando non hai distancia de seguridade e ten que proporcionarcha a empresa.
  2. Deben proporcionarche 1 cada cada 4 horas (cirúrxica) ou aquelas que polas características do posto e, segundo a Avaliación de riscos laborais, che correspondan.
  3. O incumprimento polo empregador/a das obrigacións constituirá infracción grave.
  4. Calquera persoa pode acudir a denunciar na Inspección de Traballo e Seguridade Social se non lle dan a máscara de protección axeitada.

 

Se non che están a facilitar as máscaras, escríbenos a xunta@cigadmon.gal (ou emprega o formulario de contacto) indicando o teu nome e apelidos, teléfone, posto e centro de traballo, e poremos unha denuncia na Inspección de Traballo. Se o prefires podes facelo ti directamente.

Para mais información: web da CIG saude laboral

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais. Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde...