A consellería de Infraestructuras e Mobilidade convocou a unha xuntanza as organizacións sindicais co obxectivo de repasar cuestións pendentes como os Acordos de Augas e Legoeiros. Aproveitamos para por sobre a palestra o teletraballo en tempos de COVID, as medidas de prevención e as modificacions das RPT pendentes.

ACORDOS

O secretario xeral informa que despois dos días 3 e 4 de outubro, por mor da funcionarizacion, teñen pendente unha xuntanza da Consellería coa Dirección Xeral de Función Pública para establecer un calendario de execución dos acordos, tanto do persoal da AXI como da Gardería Fluvial, coa previsión de sacar as prazas na OPE este trimestre. Convocarán a comisión de seguimento para informar dos avances con FP e realizar o cronograma.

A Consellería manifesta que quere pechar tamén neste derradeiro trimestre do ano a negociación da RPT de augas, e executar o acordo da gardería fluvial que recollía a incorporación de pluses. Para a RPT de augas hai que valorar as cargas de traballo e estudar se é preciso a creación de postos.

No caso de facilitar o acceso á titulación do Acordo de estradas o ven difícil polos atrancos da consellería de Educación.

COVID

Aínda que esta é unha das consellerías que mais información esta a dar sobre a evolución da enfermidade, positivos e participar as medidas nos comités de seguridade e saúde laboral, dende a CIG destacamos:

1. Para a CIG é clara a insuficiencia do teletraballo ordinario como medida anti COVID ou incluso para a conciliación nestes tempos de peche de aulas e centros de día. Mentres non regule a Xunta ou amplíe teletraballo por estas causas, eles poden axilizar o teletraballo ordinario a máximas xornadas (3) como causa EXCEPCIONAL da pandemia. Tamén solicitamos que se demande o teletraballo COVID de novo ante FP. Así, consideramos inaceptable retrasos de máis de dous meses na aprobación do teletraballo e esiximos o establecemento do PRINCIPIO DE PRECAUCIÓN, evitando a coincidencia de persoal nos centros (quendas de teletraballo nas unidades), empregando o teletraballo como a medida organizativa máis efectiva na prevención fronte a Covid nos edificios administrativos. Tamén recordamos a necesidade de fórmulas seguras para aquel persoal que non pode teletraballar.

2. Denunciamos o feito de que hai centros desta consellería onde non se están a proporcionar máscaras nin xel hidroalcólico, exemplos como o de Pontevedra ou SSCC. Avisamos de que temos interpostas denuncias e tiramos o compromiso de que as máscaras serán facilitadas para o persoal dos edificios administrativos.