Novas por contido

Van xa 14 semanas sen noticias da Consellería de Política Social que se nega a atender a negociar as condicións de traballo do persoal laboral.

Pedimos á Conselleira de Política Social, Fabiola García, que free os abusos ao seu persoal e que atenda ás reivindicacións do persoal da súa Consellería, sentándose a negociar condicións de traballo, tanto do persoal dos centros de atención da propia Consellería como do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar.

Estamos en plena segunda onda do COVID -19 e a Xunta de Galiza non preparou os seus centros: NON Ó ABUSO, EXPLOTACIÓN, SATURACIÓN, DESPROTECCIÓN, FALTA DE MEDIOS MATERIAIS E EXTERNILIZACIÓN DOS SEUS SERVIZOS e porque non se pode seguir a sobrecargar así abusando dun servizo ao límite.

Demandamos a apertura dunha mesa de negociación para tratar :

  • A DEVOLUCIÓN DOS ARTIGOS DO CONVENIO RECORTADOS NO 2012
  • A DEFENSA DUNS SERVIZOS SOCIAIS PÚBLICOS, DIGNOS E DE CALIDADE
  • INCREMENTO DE PRAZAS PÚBLICAS DE XESTIÓN DIRECTA
  • FIN DA PRECARIEDADE NO SECTOR PÚBLICO
  • A TRANSFORMACIÓN DOS CONTRATOS PARCIAIS A XORNADA COMPLETA

Para reclamalo o persoal de todos os centros realizarán concentración diante dos seus centros de traballo nesta 14º xornada de loita este xoves 1 de outubro.

  • Data: Xoves, 01 de outubro de 2020
  • Hora: Entre as 11:00 e as 11:30 horas

(Aínda que as concentracións se van a realizar a partir das 11 da maña nos centros de toda Galicia, sinalamos as que convocamos como referencia para medios de comunicación)

  • Ferrol: Residencia Maiores Caranza
  • Coruña:Residencia Maiores Oleiros, Torrente Ballester e CAPD Coruña
  • Santiago: Consellería de Politica Social (complexo adtivo de San Caetano) (CONCENTRACIÓN NACIONAL)
  • Lugo: Residencia de Maiores As Gándaras. CAPD Sarria
  • Ourense: Residencia de Maiores Nosa Sra. dos Miragres (Cabeza de Vaca)
  • Pontevedra: Residencia de Maiores Campolongo
  • Vigo: CAPD Chapela e o CARPD Vigo l

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...