A CIG insiste en que a Admiinistración non abandone as traballadoras e traballadores.

Iníciase o comité co apuro dun tempo límite de xuntanza, cunha orde do día imposta e a contracorrente.

Actuacións Covid19 nas escolas infantís de 0-3 anos

Seguimos na loita de reclamar o que é de dereito para as traballadoras/es das escolas e así solicitamos que se recolla en acta, levando a CIG o desenvolvemento deste punto:

  • As traballadoras/es vulnerables deben de terse en conta como nivel de risco 3.
  • A falta de negociación das carteleiras nas escolas do Consorcio supón un risco psicosocial para as traballadoras que non saben cal é o seu horario laboral estando xa incorporadas ao posto.
  • Non se cumple o protocolo covid19 en centros onde non hai lavandería, taquillas, vestiarios...
  • No Consorcio non hai uniformidade dende o ano 2017 e que está chegando aos poucos é escasa para contar con reposto no centro. As substitutas non teñen uniformidade, dende a CIG solicitamos que todas as escolas teñan stock suficiente para ofrecer roupa de traballo.
  • O reforzo de persoal educativo nas escolas da Axencia é mínimo e nas escolas do Consorcio o persoal de servizos xerais (psx) están asumindo cargas de traballo xa que soamente algunhas escolas contan con reforzo de limpeza a través dos concellos, cando esta categoría ten funcións de limpeza puntual no RRI. Tamén expoñemos que ao pechar aulas nas que hai persoal de apertura e peche, se non se cubren, suporá cambios continuos nos horarios das traballadoras.
  • Nas escolas do Consorcio non se enviou en difusión os protocolos da empresa de cociña, como empresa externa.
  • Solicitamos os plans de continxencia de todas as escolas, para a súa consulta.
  • Volvemos a reclamar as mascarillas FFP2, facendo referencia á dilixencia da inspectora (próxima xuntanza o 2 de outubro), na que indica que deberá de utilizarse por persoas vulnerables ou cando sexa imposible gardar a distancia de seguridade.

Ante todas estas cuestións, as respostas son “o trasladamos”, “non chegaremos a un acordo” ou “son cuestións de Sanidade”

Avaliación de risco biolóxico por COVID19 nos centros de menores: A CIG reclama formación en coronavirus para o persoal, mellorar as medidas preventivas e de desinfección, material de protección (EPIS) e a realización de probas PCR aos menores e ao persoal, periódicos e cando volten das saídas aos seus domicilios, tal e como se está a facer nas residencias de maiores. A Administración comenta que é un tema a criterio de sanidade facer as PCR e incluso comentan que nalgún centro de Ourense se están a facer. Exiximos igual criterio en toda Galiza e non en función da área sanitaria. Reclamamos actualizar as avaliacións de riscos e incluir as probas PCR.

Obrigatoriedade das probas PCR: A Administración pídenos colaboración aos delegados e delegadas de prevención xa que hai traballadores/as que se negan a facer estas probas en centros sociosanitarios.

CEGADI (Centro Galego de Desenvolvemento Integral, en Santiago de Compostela): A Administración comenta que ten pensado facer alí unha residencia integrada de pacientes Covid positivos, con capacidade máxima para 60 persoas, e que se está acabando de acondicionar con 3 zonas (COGAMI, Oficinas Funga e EVO e zona de sanidade ou residencia propiamente dita) e que comezará en breve, posiblemente o dia 28 de setembro.
A CIG ante o noso abraio, o compartir instalacións con outros entes, preguntamos se unha residencia integrada estilo Baños de Molgas ou Porta do Camiño. Contestando afirmativamente por parte da Xunta de Galiza, e que estará “panelada e con diferentes entradas”. Parécenos un despropósito. Os demais sindicatos non comentan nada.

Rolda de intervencións: Dende a CIG mostramos o noso malestar o non acordar coas organizacións sindicais a orde do dia a tratar e facer un Comité a presa e correndo e recortando o tempo. A Administración xustifícase dicindo que a reunión foi convocada in extremis para falar cos delegados de prevención da inminente apertura do Cegadi como centro de positivos e tamén pola xuntanza con inspección de traballo o día 2 de outubro tras a demanda interposta pola CIG.

Reclamamos que se nos informe dos positivos nas residencias tanto de traballadores como de residentes, posto que non se esta a informar os delegados de prevención dos casos positivos na Conselleria de Política Social. Ademais tamén incidimos en que as traballadoras dos Servizos Centrais, como por exemplo no Consorcio, non se lles está a proporcionar mascarillas.

DENDE A CIG SEGUIREMOS NA LOITA DOS DEREITOS DE TODAS A TRABALLADORAS E TRABALLADORES! PEDIMOS O QUE É XUSTO PARA TODAS/OS!