Onte, 8 de outubro, celebráronse as eleccións ao Comité de Empresa do CIXTEC (Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable) nas que se elexían 5 representantes, cos seguintes resultados:

  • CIG 34 votos
  • CCOO 13 votos
  • CSIF 12 votos
  • UGT 8 votos
  • Brancos 0
  • Nulos 1

Así a composición do Comité será de 2 delegados para a CIG e 1 delegado para cada un dos outros sindicatos.