O persoal desenvolveu novas protestas en defensa das súas condicións laborais

As traballadoras e traballadores dos centros de atención directa da Consellaría de Política Social seguiron na mañá do xoves 5 de novembro coas protestas que manteñen dende hai meses en demanda da recuperación dos dereitos laborais recortados coa escusa da crise en 2012 e para esixir uns servizos de atención ás persoas 100% públicos e de calidade. A CIG denuncia ademais a falta de medidas de prevención en moitas destas instalacións, o que está a provocar un aumento de casos de contaxio da covid entre o persoal e as persoas residentes e usuarias.

Algo está a facer mal a Xunta se sete meses despois da primeira onda do virus as residencias continúan a rexistrar altos niveis de contaxio. En concreto, denunciamos que os responsábeis autonómicos se neguan a revisar as avaliacións de risco e a analizar o que aconteceu despois de cada contaxio para que non volva suceder.