A carreira profesional e os acordos anteriores conservánse, pero a Xunta renuncia a calquera suba adicional que compense a perda salarial dos seus empregados públicos e fica parada ante o mantemento da taxa de reposición.

  • Incremento salarial do 0,9% derivado da suba establecida nos Orzamentos do Estado con carácter básico. Dende a CIG denunciamos que hai un elemento diferencial e que sufrimos a maior carga de recortes das nosas retribucións durante a última década en comparación co resto do estado, polo que cumpre un plan de recuperación salarial e non quedarnos co 0,9%. Aínda que o señor Feijóo está facendo propaganda de austeridade aos altos cargos (agás conselleiros e o presidente que rondan os 70.000 euros), si lles suben o soldo un 0,9 % na mesma porcentaxe que ao resto do persoal empregado público.
  • Mantéñense os incrementos salariais contemplados nos acordos asinados, como por exemplo as subas da carreira profesional. A CIG esixiu a ampliación da carreira profesional ao persoal excluído sen agardar a que se resolvan os recursos xudiciais presentados pola CIG.
  • Seguen a manter a mesma taxa de reposición que no estado español (110%), co que non se recupera emprego nin se reduce a temporalidade. A CIG esixiu que se debe obedecer ao designio do Parlamento galego e que a Xunta debe ser a que tome a decisión sobre as ofertas de emprego público. Necesítanse OEP´s grandes para reducir a temporalidade.
  • Esiximos a recuperación do Fondo de Acción Social e a derrogacion da lei de medidas do ano 2012 que mantén suspendidos varios artigos do V Convenio.
  • Continúan a restricións para a contratación de persoal laboral e interino. Restrínxese incluso máis que en anos anteriores ao limitar a contratación de persoal non docente nos centros de ensino.
  • Efectos da funcionarización: A Xunta só orzamenta o custe que lle supón a modificación do contrato de 9 a 12 meses do persoal fixo descontínuo de incencios que se funcionarice.