Novas por contido

Pois resulta que despois de varios borradores de prazas e fixación de criterios, desaparecen 19 prazas para a elección de destino definitivo de Gardacostas, e mudan os criterios para o destino provisional de corpos xerais. Nada novo esto de que o director de Función Pública un día diga unha cousa e mude de parecer ao seguinte.

Corpos xerais

Foron varias as recentes reunións nas que o director xeral de Función Pública mantivo o criterio de que para a elección de destino provisional de corpos xerais (A1, A2 e C2, que en C1 xa foi), a orde de prioridade sería: A1-P.I., A2-P.I., A1-Libre, A2-Libre, C2-P.I. e C2-Libre. E a CIG respostou sempre que primeiro todos os procesos de promoción interna (A1, A2, C2), e de seguido todos os de acceso libre (coa mesma orde).

A pesares do parecer da CIG, o DXFP mantivo a súa decisión. Ata que o xoves 19, na Mesa Xeral, amosou a súa volubilidade e mudou de parecer: xa publicaron no DOG do luns 23, que a orde non vai ser nin a que quere a CIG nin a que defendeu o DXFP. Vai ser: primeiro A1 (A1-P.I., A1-Libre), despois A2 (A2-P.I., A2-Libre), e posteriormente virá C2.

Que pasou para este cambio de criterio? Pois simplemente que botaron contas e non lles daban as prazas se as persoas de A2-P.I. escollían postos abertos a A1/A2 antes que a xente de A1-Libre. Este problema é simplemente consecuencia da aplicación de criterios restrictivos que o director xeral pactou con CCOO, UGT e CSIF.

Había alternativa? Pois si. Abondaba que ofertaran todas as vacantes que non teñan algún tipo de restricción xudicial ou legal.

Co sistema que finalmente decidiron aplicar, as persoas que entran na Administración (A1-Libre), van escoller posto antes que persoas que aprobaron a promoción interna (A2-P.I.). E tan pancho.

Gardacostas

Enviáronos de Función Pública o luns 23 un correo cas prazas “que se ofertarán no próximo procedemento de elección de destino definitivo para o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza”.

As 20 persoas que superaron o proceso selectivo están actualmente en destino provisional, e unha vez resolto o concurso de traslados, van dispoñer de 55 prazas para escoller en destino definitivo.

Pero, que pasou coas 19 prazas que desapareceron do listado que nos pasaran fai tan só semana e media

A semana pasada a CIG enviou un escrito a Función Pública no que, en grandes liñas, solicitabamos coñecer os criterios seguidos á hora de escoller os postos, e posicionabamos a prol de incluír na oferta a todas as prazas que sen ter algún impedimento legal ou xudicial, pasaran polo concurso e quedaran vacantes, abertas en RPT á escala de axentes do Servizo Galego de Gardacostas.

E a resposta que recibimos limítase a comunicarnos unha nova relación de postos na que desaparecen 19 postos sen motivar o por que. Esiximos unha explicación.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...