Novas por contido

De conformidade co artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza, no DOG do 25/11/2020 publícanse as listas provisiionais das seguintes categorías:

  • GRUPO I, CATEGORÍA 2 (Titulado superior médico e outras)
  • GRUPO II, CATEGORÍA 2 (ATS e outras)
  • GRUPO IV, CATEGORÍA 3 (Auxiliar de Clínica e outras)

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, no teléfono de atención á cidadanía 012, e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galiza.

As persoas interesadas teñen un prazo de 10 dias hábiles a partir da publicación no DOG para RECLAMAR. As reclamacións acompañaranse da documentación precisa para enmendar a causa de exclusión, de ser o caso.

A partir da publicación desta resolución no DOG, tanto as persoas solicitantes admitidas como as excluídas, poderán presentar SOLICITUDE DE SUSPENSIÓN DE CHAMAMENTOS, de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...