Á Comisión de Persoal do venres se nos trouxo un punto sobre a posibilidade de adhesión ao acordo de veterinarios do sindicato SEPGA.

Dende a Administración levan querendo introducir a este sindicato amarelo nos foros e mesas de negociación dende hai un tempo, a pesar de non ter representación suficiente para poder facelo.

No caso do acordo de veterinarios, este é un acordo derivado dunha negociación na Mesa Xeral de Empregados Públicos que afecta a persoal funcionario e laboral, onde o SEPGA non obtivo representación. Para o director xeral de Función Pública iso da igual e no canto de inadmitir a petición do SEPGA a trae a esta Comisión de Persoal.

Unha semana antes, tamén a instancias de Función Pública, o AGADIC nos convoca para negociar unhas modificacións na RPT que afectan a persoal funcionario e laboral (unha creación de posto de funcionario financiada coa amortización dun posto de laboral). E convocan a SEPGA, dicíndonos por escrito o director do AGADIC que “...é obvia a concorrencia de intereses definidos no ámbito dos estatutos desa organización sindical que son públicos e que foron consultados.”

O que obvia o director do AGADIC é que non se trata do que digan os estatutos do SEPGA, senón do que dixo o persoal empregado público a través dos procesos electorais de eleccións sindicais, onde dos 15 membros da Mesa Xeral de negociación o SEPGA ten CERO representantes.

Pretenden perverter o principio democrático e darlle a un sindicato afín unha representación que as urnas lle negaron.

A posteriori o director xeral de Función Pública emitiu un informe que, sen rubor e indo en dirección contraria á xurisprudencia, xustifica que SEPGA sen votos suficientes pode negociar as condicións de traballo do persoal empregado público.

O Tribunal Supremo na STS 111/2018 deixa claro que para poder negociar cuestións relativas a persoal funcionario e laboral hai que ter representación suficiente nos dous ámbitos, cousa que SEPGA non ten, é que o ter unha representatividade superior ao 10% no ámbito de funcionarios non o lexitima a estar presente en todos os foros onde se traten cuestións relativas a funcionarios.

Pero a empresa segue empeñada en meter ao seu sindicato amarelo con calzador nas negociacións para que apoie á patronal. Nos reservamos as accións a emprender para frear algo que ten todos os indicios de constituír prevaricación.