Pese ao retraso acumulado, semella que Función Pública bota a andar o proceso de integración do CIXTEC na AMTEGA. O primeiro paso que deu foi meter no anexo V (funcionarización) da OEP 2020 aprobada hoxe, 2 de decembro, as prazas de persoal laboral do CIXTEC.

Son 78 prazas de persoal laboral, máis outras 5 de persoal funcionario que no seu día pediu excedencia e que non terían que funcionarizar. Pero para estes últimos non respostan á cuestión que puxo a CIG enriba da mesa: ese persoal funcionario non eran da escala de informática, e agora, que van facer con eles? O director de Función Pública non resposta. 

Ao tempo, achegounos o borrador do "Proxecto do decreto polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC)  e se modifican os estatutos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)".

Dispoñemos dun prazo de alegacións ata o día 9 ás 14.00 h. Teñen a intención de aprobalo en Comisión de Persoal neste mes de decembro.