Despois de terllo solicitado hai máis de 15 días, tal e como vos contamos nesta nova, Función Pública dá resposta á CIG en relación ao asunto de ampliación do goce de vacacións e asuntos persoais. En breve publicarán unha resolución na que resolven que:

 

  • Poderá autorizarse o goce das vacacións do ano 2020, ata o 31 de marzo de 2021 naqueles casos específicos de peticións de goce durante 2020 que foron denegadas expresamente cando o motivo da denegación estivera fundamentado nas necesidades da correcta prestación do servizo.

 

  • Poderá autorizarse o goce dos días por asuntos particulares ata o 31 de marzo de 2021, cando por razóns de necesidades do servizo non sexa posible gozar destes días antes de finalizar o mes de xaneiro de 2021.

 

Aviso a navegantes: ollo coa información facilitada onte por algún sindicato pois é incorrecta ao non contemplar as limitacións que establece Función Pública.