No DOG do martes 29/12/2020 publican as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza, reguladas polo Decreto 37/2006.

Nos anexos I e II poden consultarse a relación de corpos e escalas de persoal funcionario, e de grupos e categorías de persoal laboral que quedan incluídas nesta Resolución.

A consulta das listas pode facerse dende o web de Función Pública, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 e nas oficinas de Rexistro e Atención á Cidadanía da Xunta.

As persoas excluídas disporán dun mes para solicitar a devolución das taxas de inscrición.