A EGAP publica no DOG do 11/01/2021 o Plan de formación para o ano 2021. O Plan foi aprobado polo Consello Reitor o día 22 de decembro.

O Plan de formación vai dirixido ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galiza, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galiza, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galiza e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galiza.

O publicado neste DOG limítase a relacionar as accións formativas previstas, a súa modalidade, número de edicións, prazas e horas. Pero non hai datas nin está aberta a súa solicitude. Para esto último haberá que agardar a que se definan as datas e se faga pública a súa convocatoria (que podería ser na seguinda quincena de febreiro, se repiten os prazos do ano pasado).