“No segundo semestre do ano 2020, a Dirección Xeral da Función Pública publicará a convocatoria para que aqueles que teñan recoñecido o grado I e conten cunha antigüidade de 11 anos, a través deste réxime transitorio e excepcional, poidan solicitar o encadramento no grao II. [..]”

O parágrafo anterior, é un extracto do apartado referido á carreira profesional do Acordo de concertación do emprego público de Galiza, asinado entre Xunta, CCOO e UGT, publicado no DOG do 28/01/2019, un acordo que a xuízo da CIG foi insuficiente, e como se ve, incumprido. 

O texto continúa indicando uns efectos económicos a partires do 1 de xaneiro de 2021 ou 2022 (dependendo do grupo de pertenza). Pero independentemente dos efectos económicos, o encadramento no grao II sería solicitado trala publicación dunha convocatoria nese segundo semestre do ano 2020. 

Os acordos que asina a Xunta, sexa con quen sexa, teñen que cumprilos, pero a 31 de xaneiro de 2021 non hai nin convocatoria no DOG nin opción de solicitar o grao II no Portax.