No BOE do 5 de febreiro vén de publicarse o Plan de Formación 2021 do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP), o réxime xeral de convocatorias de accións formativas para 2021 e a convocatoria de determinadas actividades formativas do programa de desenvolvemento profesional contínuo.

Os destinatarios/as son os empregados públicos que presten servizos a través dunha relación de carácter funcionarial, laboral u estaturario no ámbito da Administración Xeral do Estado, dos órganos constitucionais, da Administración de Xustiza, das Administracións e órganos estatutarios das Comunidades Autónomas, das Cidades con Estatuto de Autonomía de Ceuta e Melilla e da Administración Local, así como o persoal de administración e servizos das Universidades públicas e o persoal funcionario ao servizo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos.

Quen desexe participar deberá cumplimentar a correspondente solicitude electrónica, á que se poderá acceder a través do enderezo http://buscadorcursos.inap.es/.

O prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de actividades formativas que se desenvolverán durante o primeiro semestre de 2021 será de dez días hábiles , contado a partires do día seguinte á publicación da resolución no BOE.