Froito do convenio de colaboración entre a EGAP e o ISSGA, no DOG do 16 de febreiro de 2021 publícase unha resolución da EGAP pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, na modalidade de teleformación, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 17 ao 26 de febreiro de 2021 e realizarase de xeito telemático no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.