Novas por contido

Fronte quen poda pensar que non é o momento de mobilizarse, dende o feminismo de clase consideramos que é máis necesario ca nunca manifestarnos e combater nas rúas os ataques aos nosos dereitos. Porque os dereitos das mulleres non poder seguir estando confinados, temos que esixir medidas reais contra a precarización nas nosas vidas.
 
É imprescindible visibilizar e frear o detrimento que as mulleres soportaron das condicións laborais, de saúde, económicas e sociais a causa desta crise. É por isto que facemos un chamamento a participar activamente nas mobilizacións convocadas pola CIG na mañá da xornada de folga, así como nas mobilizacións do movemento feminista que se realizarán nas comarcas e vilas do país, cumprindo estritamente con todas as medidas de seguridade.
 
Así, e co fin de garantir o cumprimento de todos os requisitos derivados da pandemia, acordamos actos a nivel local e comarcal, próximos é organizando as manifestacións en columnas ou filas de mulleres, garantindo a distancia interpersoal.
 
Somos conscientes de que os abusivos servizos mínimos decretados coa escusa da pandemia van impedir que moitas compañeiras poidan participar na xornada de folga. Animámosvos a que penduredes nos vosos perfís sociais fotos cos cartaces de “Non estou en folga porque me obrigan a estar en servizos mínimos”. Do mesmo xeito, para os compañeiros temos o cartaz de “Eu apoio a folga das mulleres”. Todos estes materiais, xunto co vídeo spot,  están dispoñíbeis no especial.
 
Ao poder non lle interesa a existencia de mulleres organizadas que manteñan unha actitude combativa e de confronto aos poderes económicos, contra quen nos explota como clase, nos discrimina por sermos mulleres e nos oprime por formar parte da nosa nación. Ao sistema interésalle homoxeneizar o discurso, pretende ritualizar o 8 de marzo, que quede nunha data festiva máis, carente de discurso crítico contra o sistema. É preciso, pois que as traballadoras saquemos á rúa as nosas reivindicacións, por iso chamamos á participación das mulleres  nas máis de 31 mobilizacións convocadas pola CIG en varias cidades e vilas do país. Podes consultar os lugares e horas nesta ligazón.
 
A CIG chama tamén a participar activamente nas numerosas mobilizacións convocadas por Galegas8m en varias cidades e vilas do país durante a folga do día 8.

Participa o 8 de marzo na xornada de folga, para denunciar as discriminacións e o machismo que sufrimos, para denunciar a situación das traballadoras esenciais, para esixir unha valorización social e económica dos labores de coidados, mais tamén para desmontar e denunciar a hipocrisía e  a falsidade coa que se trata a problemática específica das mulleres tanto por parte da patronal como por parte do poder político e do sistema. 
 
Fai folga e súmate ás mobilizacións convocadas pola CIG e polo movemento feminista galego o vindeiro 8 de marzo!

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...