Despois do relatado onte nesta nova, sobre as accións que emprendimos para que se realicen os recoñecementos médicos xinecolóxicos en Pontevedra, hoxe, día 3 o Servizo de Prevención de Riscos Laborais púxose en contacto coa CIG para comunicarnos que resolveran o asunto e que se realizarán os recoñecementos xinecolóxicos nunha clínica de Pontevedra.

Pontevedra era a única das sete grandes cidades onde Cualtis se negaba a realizalo. Conseguimos que se repuxera pero de todos modos seguiremos pendentes de que este servizo, ao que temos dereito e ao que non imos renunciar, se realice de xeito efectivo.