Novas por contido

Coa aprobación na Comisión de Persoal do 23 de abril dunha segunda convocatoria de funcionarización do persoal laboral fixo aos grupos A1, A2, C1 e B, a Xunta, CCOO e UGT seguen avanzando nos procesos de funcionarización “a cegas”.

Xunta, CCOO e UGT, como negociadores únicos fóra do marco legal empregando a súa Comisión de seguimento do Acordo de Concertacion, están a levarnos a unha funcionarización desastre. Comezan a casa polo tellado e, inda por riba fano mal ao deixar fóra a moito persoal ao resolver mal as equivalencias de titulacións e as reclasificacións, varias promocións internas á baixa e "deshabilitando" o B. 

As presas non son boas, e antes dos exames cómpre saber cales van ser as condicións do novo vínculo de persoal funcionario. Se nos queren funcionarizar que sexa con garantías. 

A realidade é que esta funcionarización, na vez de supor unha oportunidade de forza para recuperar dereitos do V Convenio Colectivo eliminados unilateralmente pola Xunta e gañalos para o actual persoal funcionario, é unha auténtica desfeita. Polo que a CIG vimos de reclamar por enésima vez na Mesa Xeral de Empregados Publicos que paren estes procesos ata ter negociado un acordo marco que leve os dereitos salariais e laborais do V Convenio á Lei de Emprego Público de Galiza e que desta forma todo o persoal en base as suas condicións de traballo poda ter: 

  • Un trienio mínimo de 31,25 €
  • Pluses en níveis e complemento específico
  • A compensación por traballar os domingos e os festivos
  • Descansos en fin de semana alternos
  • Concursos de traslados anuais 
  • Comisións de servizo obxectivas
  • Roupa e calzado de traballo periódicos
  • Vacacións de 30 días laborais cando obriguen a non disfrutalos no verán
  • Acordo de xubilación parcial
  • Promoción interna ao 50%
  • Negociación de carteleras de traballo

Para máis ao director xeral da Funcion Publica, CCOO e UGT non lles chegou con que o xulgado declarara ilegal a súa carreira profesional que agora queren seguir a discriminar de novo ao persoal laboral temporal ao que obriga a funcionarizarse baixo a ameaza do despedimento. Neste caso o cambio de persoal laboral temporal a funcionario/a interino faise sen complementos salariais e sen dereitos, sen poder elixir e dunha forma totalmente abusiva e afecta nada mais e nada menos que a 4.687 compañeiros e compañeiras, o 46% do total.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...