Novas por contido

A CIG rexistra diante da Dirección Xeral da Defensa do Monte as propostas de calidades mínimas para os Epis e roupa de inverno do SPIF. Tamén fixemos chegar á subdirección xeral de persoal os continuos abusos que se acometen nos cuadrantes tal e como comprometeramos na comisión.

O pasado venres (23 de abril) fixemos chegar á Dirección xeral de Defensa do Monte os documentos que recollían polo miúdo dous dos compromisos que sacaramos da Comisión de seguimento do acordo de condicións especiais do SPIF, celebrada uns día atrás.

Estes escritos recollían as nosas demandas tanto en cuestións referentes aos Epis de traballo e roupa de inverno como en varios incumprimentos do convenio na confección de cuadrantes.

En canto aos Epis e roupa de inverno, achegamos as composicións mínimas nos materiais para que queden recollidas nos diferentes documentos onde se recollen os elementos que os compoñen.

Sabedores de que dentro da lexislación e cumprindo estritamente o marco establecido, nos últimos anos houbo unha importante oscilación -á baixa- nas calidades dos materiais entregados aos traballadores e traballadoras.

Tal e como deixamos constancia na reunión, os Epis de extinción que se entregan a día de hoxe, son de boa calidade en canto aos compoñentes, aínda que poderían ter algunha pequena melloría. Basicamente, a proposta da CIG neste senso, é introducir na propia relación das prendas para futuras contratas, as porcentaxes mínimas de compoñentes (viscosa fr., meta-aramidas, para-aramidas....) que deben levar como mínimo, tomando as actuais de referencia para evitar entregas de baixa calidade -como as que tivemos anos pasados - cando xa existía a mesma lexislación na roupa que agora.

Na roupa de inverno, a parte de esixir a entrega inmediata -non se dá dende o ano 2008-, fixemos o mesmo. Entregamos as composicións que consideramos mínimas dos tecidos que compoñen as prendas, para igualar por abaixo as calidades.

En canto á continua vulneración de dereitos coa confección dos cuadrantes, entregamos materiais xa recollidos en denuncias de Inspección de Traballo tanto de Ourense como de Pontevedra, onde entre outras cousas relatamos o continuo incumprimento na asignación das vacacións, na entrega dos cuadrantes así como na aleatoriedade na asignación das quendas.

Conscientes de que os cuadrantes son materia de negociación provincial, e sen entremeternos neste eido, o que si reclamamos diante da subdirección xera de persoal, e é materia da súa custodia, é que se cumpran os mínimos marcado polo acordo de condicións especiais, motivo polo cal, e en presencia dos xefes provinciais responsables do seu cumprimento, o subdirector xeral de persoal de Medio Rural pediunos que achegaramos estas eivas que segundo as súas palabras eran de obrigatorio cumprimento e non podía estar acontecendo. Veremos!.

 

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...