No DOG do martes 27 de xullo de 2010, faise pública a convocatoria de cursos de formación continua da EGAP, correspondente ao 2º semestre do ano 2010, para o persoal laboral e funcionario da Xunta de Galiza.

O persoal que desexe participar nos cursos deberá cubrir o formulario de solicitude telemática na páxina web da EGAP, http://egap.xunta.es/matricula , non sendo admisíbeis outros modelos de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes rematará  o 5 de setembro de 2010.

O número máximo de cursos en que se pode participar nesta convocatoria é de cinco (5).