No DOG do 11/05/2021 publícase a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2020 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

No anexo II desta publicación recóllense os grupos e categorías de persoal laboral e os corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario para os que se actualizan os méritos.

As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación>.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao desta publicación.