A Dirección Xeral de Función Pública remitiunos un borrador da Orde pola que se desenvolve a disposición transitoria segunda do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. A disposición transitoria segunda é a que habilita a elaboración de listas únicas como resultado da funcionarización.

A Xunta avanza coa funcionarización chapuza e sen garantías: agora tócalle ás listas de agarda.

Se queres enviarnos alegacións, podes contactar coa CIG antes do venres 21.