Novas por contido

A Dirección Xeral de Función Pública ven de publicar as datas de celebración da primeira proba dos procesos selectivos de Ordenanzas (Grupo V Categoría 003) de persoal laboral e da Agrupación Profesional de corpos xerais de funcionarios da Xunta de Galiza.

As probas celebraranse nas sedes, días e horas indicadas na seguinte táboa:

 

Proceso selectivo Prazas convocadas Nº. aspirantes Data exercicio Nº exercicio Hora chamamento Lugar Pavillón
Agrupación profesional

 

205 13.941 04.07.2021

08:45/09:00/09:15

 

16:15/16:30/16:45

Silleda 1 e 2
Santiago (Amio) 1

   Lugo      (Expo Lugo)

1 e 2

Ordenanza

Grupo V Categoría 003

23 805 04.07.2021

08:45

16:15

Silleda

1 e 2

Unha semana antes da celebración de cada proceso selectivo, todas as persoas aspirantes poderán comprobar na páxina Web da Dirección Xeral da Función Pública, tanto o día de celebración do seu exercicio, a hora de chamada, a sede, o pavillón (1 ou 2) de cada sede e a porta pola que serán chamadas. Non se permitirá cambio ningún de sede.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...