Novas por contido

(Preme na imaxe para entrar na asemblea)

Xa pasou pola Mesa Xeral o proxecto de Orde pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario ao persoal laboral fixo de determinadas categorías que superaron o proceso de funcionarización convocados en febreiro de 2020. A intención é que a toma de posesión da praza co novo vínculo xurídico sexa inminente, o día 1 de xullo. 

Ante a urxente necesidade de tomar a decisión final, a CIG convoca unha asemblea a través de YouTube. Tentaremos resolver as dúbidas que ainda poidas ter e poderás facernos preguntas a través do propio chat de YouTube. Vai ser o xoves 17, ás 19:30. Ir á asemblea.

A Orde refírese exclusivamente ao persoal laboral fixo que tivese superado un proceso selectivo, pero centrado desta volta nas categorías que teñen previsto o seu encadre en corpos xerais e escalas de informática. Queda para despois do verán o procedemento das categorías que irán a escalas de servizos sociais (psicoloxía, mediciña, pedagoxía, enfermaría, educadores, fisioterapia, traballo social, terapia ocupacional, xardín de infancia e auxiliar de clínica).

Chegamos así ao punto final desta quenda de procesos de funcionarización do persoal laboral fixo, que comezou con mal pé, polo tellado, grazas ao amancebamento de Xunta-CCOO-UGT, sen que existira previamente un concurso de traslados, un proceso selectivo libre e promoción interna, chantaxeados coa carreira profesional, sen trasladar previamente á Lei de emprego público de Galiza as melloras do V Convenio e, a día de hoxe, ainda con moitas dúbidas sobre a distribución e futuro das retribucións.

O proxecto de Orde, que ainda ten que pasar pola Comisión de Persoal con carácter previo á súa publicación no DOG, regula o cambio de vínculo xurídico, os prazos e outros aspectos:

  1. O cambio de vínculo xurídico:
    1. Proceden a regular os aspectos derivados do cambio do vínculo xurídico coa Administración.
    2. As categorías profesionais ligadas aos centros de servizos sociais serán obxecto dunha orde posterior.
  2. Regulan o prazo de toma de posesión como persoal funcionario de carreira
    1. O prazo comezará o primeiro día hábil seguinte á publicación da Orde no DOG. 
    2. As persoas interesadas deben asinar o acordo de conformidade do seu cambio de vínculo xurídico.
    3. A extinción do vínculo actual estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.
    4. A toma de posesión será o día 1 de xullo de 2021.
  3. Regula outros aspectos
    1. Cómputo de prazos en caso de permisos, licenzas ou incapacidade temporal:
      • O cómputo comeza cando finalicen os permisos ou licenzas.
      • No caso de IT, o cómputo do prazo iniciase a partir da alta.
      • Está pendente o cómputo en casos de maternidade/paternidade.
    2. Incumprimento de prazos
      • Implica o desistimendo, polo que decae dos seus dereitos.
      • Non se producirá o cambio de vínculo xurídico.
    3. Excedencias:
      • A persoa traballadora conservará as excedencias concedidas noutras categorías laborais.
    4. Trienios
      • Quen se funcionarice continuará percibindo en concepto de antigüidade a mesma cantidade que estaba a percibir como persoal laboral, nun concepto da nómina.
      • O primeiro trienio que se perfeccione como funcionario non terá unha contía inferior ao que se percibiría como laboral.
    5. Consolidación do grao persoal
      • Comezará no nivel mínimo correspondente ao Corpo ou Escala, non no nivel no que quede encadrado o novo funcionario ou funcionaria.
    6. Persoal en adscrición temporal
      • Poderá continuar prestando servizos no mesmo posto mediante unha comisión de servizos, sempre que o posto da adscrición temporal tamén sexa obxecto de transformación en posto de persoal funcionario.
      • E sempre que a persoa cumpra cos requisitos do posto.
    7. Compatibilidades
      1. Quen teña recoñecida a compatibilidade para o desempeño doutra actividade, ten un prazo máximo de dez días hábiles (dende o seguinte ao da toma de posesión) para solicitar a nova compatibilidade.

A Orde nada di da situación en que queda o cobro de nocturnidade cando é esporádica. A resposta do DXFP é que eso se tratará cando se regule o procedemento das escalas de servizos sociais.

Engade o DXFP que o complemento de funcionarización conterá dous subconceptos:

  • Complemento de funcionarización persoal, que compensará as posíbeis perdas de retribucións como funcionario/a. Serán 12 pagas. Afirma que o 80% das persoas non terán este complemento (pois as diferenzas irán no complemento específico).
  • Complemento de funcionarización antigüidade: para manter os trienios, en 14 pagas, non absorbible. O primeiro trienio será recoñecido na contía que mais lle beneficie. 

A maiores, informa o DXFP:

  • Nocturnidade seguirá a cobrarse.
  • A que non se presentou ao proceso de funcionarización ou suspendeu, comunicaráselle a suspensión do cobro do grao I da carreira profesional. Non se aplicará esta suspensión a quen non puido superalo por non ter a nova titulación requirida.
  • Sobre o anterior, insiste en falar de suspensión, non de devolución. Esta declaración contradí a Orde de confección de nóminas, que fala claramente de devolución. Primeiro suspende, despois xa veremos.

Outras novas recentes

Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...