No DOG do 15/06/2021 publican as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza de determinados grupos e categorías: grupo I, categorías 2 (médico e outras), 6 (titulado/a superior psicólogo/a) e 11 (titulado/a superior pedagogo/a), grupo II, categorías 2 (ATS e outras), 6 (educador/a, profesor/a especial), 11 (fisioterapeuta), 17 (asistente social) e 20 (terapeuta ocupacional), grupo III, categoría 50 (técnico/a especialista en xardín de infancia) e grupo IV, categoría 3 (auxiliar de clínica e outras).

As listas poderanse consultar no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, apartado de <listas de contratación>, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galiza (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo).

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellaría de Facenda e Administración Pública. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).