Novas por contido

Chámanos poderosamente a atención que no argumentario, tanto do Ministerio como do trío sindical estatal, se cite o fracaso dos acordos de 2017 e 2018 como referentes a ter en conta no novo acordo. Lembremos que un 30 % das prazas autorizadas das OEPs que derivan do anterior acordo non chegaron a convocarse e só un 25% das de estabilización se cubriron.

A medida estrela proposta é o recoñecemento dunha "compensación" de 33 días por ano traballado para o persoal interino co que se incumpra o prazo máximo de permanencia (3 anos). Pero esta mellora queda totalmente diluída cando imos á "letra miúda":

- Non terá dereito a esa compensación de 33 días por ano o actual persoal interino que supere os tres anos de contrato en postos vacantes, xa que para este persoal o que propoñen son procesos selectivos que se desenvolverán baixo o novo “acordo de estabilización” e afirman vehementemente que “o actual persoal temporal non vai recibir ningunha compensación en caso de cese”.

O proceso de estabilización proposto polo Goberno estaría na mesma liña do actual, cun modelo de concurso-oposición, cun 40% para a fase de concurso, no que se repite o obxectivo que xa marcaron hai agora 4 anos: reducir a temporalidade ao 8% incorporando as prazas estruturais ocupadas cando menos por 3 anos con anterioridade ao 31/12/2020 e que non se incluíran nos procesos dos acordos fracasados de 2017 e 2018. 

- Para aquel persoal interino de novo ingreso, o Goberno mantén a decisión de que sexa cesado despois de ocupar durante 3 anos un posto de traballo. Transcorrido ese tempo, a Administración que o nomeou, no caso de que non oferte a praza para ser cuberta por persoal fixo, perdería esa praza. 

O problema principal, e histórica reivindicación da CIG Autonómica, é a eliminación das taxas de reposición. A eliminación da taxa de reposición facilitaría o poder convocar un maior número de prazas que as ocupadas temporalmente e recuperar os niveis de emprego público anteriores aos recortes da década pasada. Pero baixo ningún concepto está o goberno estatal en disposición de eliminalas.

Repetirán a mesma farsa que xa pactou o PP cos sindicatos estatais no 2017 e 2018: durante as convocatorias vinculadas ao futuro acordo (a resolver até o 2024) as prazas de estabilización computarán como parte da taxa de reposición de efectivos, sendo a eliminación desas taxas unha condición indispensábel para a CIG como a única vía coa que poñer couto á privatización dos servizos públicos ou da contratación en fraude de lei.

Ante isto a CIG chama a rexeitar de novo na rúa a modificación do EBEP. Este mesmo luns 28 diante da Delegación do Goberno na Coruña ás 11:30 horas.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...