Recibimos documentación para unha modificación da Relación de Postos de Traballo de Medio Rural, coa que a consellería quere crear a "Unidade de Investigación de Incendios Forestais". No lote vai a amortización de cinco postos de traballo.

A primeira xuntanza vai ser o venres 23 de xullo, e xa co verán enriba, descoñecemos se o trámite de Mesa Xeral quedará para despois do verán. Se queres aportar algo, contacta coa CIG.