Novas por contido

Despois de moitos meses dando a paliza a Función Pública para que desen unha solución á situación das compañeiras e compañeiros que superaron a promoción interna de corpos xerais e que ao tempo participaron no concurso de traslados, e que por mor do enorme retraso deste último proceso se encontran nunha situación de incertidume, por fin tiveron a ben enviarnos a súa postura.

En xeral, o que propoñen é:

  • O concurso será resolto con anterioridade ao acto de elección de destino definitivo.
  • Quen no concurso obteña un posto aberto ao grupo superior, poderá tomas posesión dese posto, xa no novo grupo, quedando excluido/a da elección de destino definitivo.
  • Quen xa tomou posesión na promoción interna do posto que viña ocupando por estar aberto ao grupo seperior, xa está en destino definitivo, por imperativo das bases da convocatoria, polo que non participará na elección de destino.

Temos que dar resposta inmediata a Función Pública co noso parecer ao texto que enviaron, para unha urxente publicación no web de Funcion Pública, tendo en conta que o venres 30 remata o prazo para renunciar ao concurso de traslados. Así que se tes algo que dicirnos, contacta coa CIG xa.

Este é o texto íntegro do que nos enviou Función Pública:

NOTA ACLARATORIA SOBRE A CONCORRENCIA DOS PROCEDEMENTOS DE CONCURSO DE TRASLADOS E PROMOCION  INTERNA 

En relación coa concorrencia dos procedementos de concurso de traslados e a  promoción interna, INFORMASE: 

As persoas que se atopen afectados, ao mesmo tempo, polo procedemento de  concurso de traslados F0219 e polos procesos selectivos de promoción interna  pendentes do acto de elección de destino definitivo, seranlles de aplicación o  seguinte: 

1. O concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia resolverase con  anterioridade as eleccións definitivas derivadas dos procesos selectivos de  promoción interna, as cales, faranse inmediatamente despois da resolución do  concurso. 

2. As persoas que dende a convocatoria do concurso de traslados da  administración xeral teñan promocionado a un grupo superior mediante a  promoción interna e obtiveran en dito concurso un posto de traballo aberto ao  posto ao que teñan promocionado, poderán tomar posesión do mesmo como  funcionario dese novo grupo. 

Neste caso, non participaran na elección de destino definitiva do proceso  selectivo de promoción interna. 

3. As persoas participantes no concurso de traslados que non obteñan unha praza  aberta ao subgrupo ao que promocionaron, e se atoparan en destino  provisional ou excedencia por prestación de servizos no sector público froito do  proceso selectivo de promoción interna, deberan participar no acto de elección  de destino definitivo.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...