A Comisión de Persoal do 28 de xullo de 2021 aproba a adenda que mellora o Acordo das condicións de traballo do persoal técnico de incendios dos subgrupos A1 e A2, co voto favorable de todas as organizacións sindicais.

Fixeron falta dous anos de loita e a unha dura folga do persoal técnico do Servizo de Prevención de Incendios Forestais para conseguir a mellora das súas condicións laborais. O acordo foi difícil pois a consellería do Medio Rural se amparaba en que estaba pendente dunha forte reestructuración do servizo que afectaría a estructura e funcións, razón pola que preferían esperar alongando meses incluso anos unha situación insostible e de alta conflitividade co persoal.

Finalmente na mesa de negociación fomos capaces de chegar a unha adenda de mellora do Acordo actual que recolle as demandas máis urxentes, proposta que foi ratificada en asamblea de traballadores cunha alta participación e que pecha o conflito laboral.

Na CIG somos conscientes de que é un avance significativo pero tamén de que a prioridade é fortalecer os cadros de persoal para baixar a carga de traballo. E desconfiamos dunha reestructuración onde non se contemple o reforzo deste servizo esencial para Galiza máis, pola contra, que artellen unha centralización que afonde no illamento do rural co desmantelamento dos 19 distritos forestais.

Olla aquí o comunicado conxunto das organizacións que convocamos a folga do persoal técnico do SPIF.