Recibimos convocatoria e documentación para unha Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos que vai ser o xoves 5 de xullo. Vai ser ás 12h, pero ás 10h teremos unha "xuntanza previa", polo que se queres contactar coa CIG sobre este asunto, faino antes desa hora.

Estes son os puntos da Orde do día:

  • Modificación da RPT de Amtega. Descargar.
  • Modificación da Orde pola que se inicia o procedemento de integración do persoal laboral fixo da extinta Empresa Pública de Obras e Servizos Hidraulicos (EPOSH). Descargar.