Novas por contido

O Consello Galego de Relacións Laborais lanza a convocatoria da 21ª edición do Curso Superior de Relacións Laborais.

O 08/09/2010 foi publicado no DOG a convocatoria dunha nova edición do Curso Superior de RRLL (220h). Este curso diríxese a todas as persoas que están interesadas en adquirir unha formación e/ou actualización nas materias laborais en xeral, facilitando a súa capacitación para resolver as cuestións suscitadas polas relacións laborais e a xestión de recursos humanos e, en especial, ás persoas licenciadas en dereito, ciencias económicas e empresariais, ou a diplomados/as en relacións laborais, responsables de recursos humanos, xefes/as de relacións laborais, asesores/as e cadros das organizacións sindicais e empresariais, etc.

O curso ten a equivalencia de título propio pola Universidade de Santiago de Compostela e está organizado polo Servizo de Posgrao e Terceiro Ciclo. A inauguración do curso terá lugar o 12 de novembro de 2010 e rematará o 10 de xuño de 2011. As clases impartiranse nas aulas da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e o horario normal de actividades será en sesión de tarde, desde as 16.30 ata as 20.30 horas. O prazo de admisión de solicitudes de inscrición comezará o 1 de setembro e rematará o 30 de setembro de 2010.

Información adicional:
Secretaría Técnica do Consello Galego de Relacións Laborais

  • Algalia de Abaixo, 24, 15781 Santiago de Compostela,
  • 981 95 74 89
  • maria.jesus.diaz.lorenzana@xunta.es
  • http://cgrl.xunta.es

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...