Función Pública vén de informarnos que nos vindeiros días sairán publicadas as datas previstas para a realización dos primeiros exercicios correspondentes ao proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de Emisorista/Vixilante Fixo/a, Bombeiro Forestal - Condutor Motobomba e Bombeiro Forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Proceso selectivo DOG convocatoria proceso selectivo Data 1º exercicio Prazas Aspirantes Hora de chamamento Lugar
C2 – Bombeiro Forestal – Condutor Motobomba 04.03.2019 27.11.2021 80 2004 9:30 h. Silleda
C2 – Emisorista / Vixilante fixo/a 04.03.2019 27.11.2021 75 2782 16:30 h. Silleda
C2 – Bombeiro Forestal 04.03.2019 28.11.2021 114 3807 9:30 h. Silleda