Novas por contido

A CIG aposta pola recuperación de dereitos do persoal empregado público

En setembro de 2019 a CIG iniciou o proceso de reclamación xudicial para a recuperación dos dereitos suspendidos pola Lei de medidas do ano 2012.

A Lei 1/2012 do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza, causou a suspensión ou modificación con carácter “temporal” de determinadas medidas de grande importancia para o persoal empregado público da Xunta.

Esto foi o que se cargaron coa escusa da crise económica:

  • O Fondo de Acción Social: suprimiron todas as medidas agás as axudas de 180 euros mensuais a favor das persoas discapacitadas a cargo; quitáronos todas as demais, como por exemplo: a axuda por adquisición de vivenda, estudos de fillos/as, ou para gastos gafas, lentes de contacto ou dentista. 
  • O dereito a 9 días de “permiso por asuntos persoais sen xustificación”, quedando reducidos a 6.
  • Artigo 19º do V Convenio Coletivo, relativo ao “descanso e festivos”.
  • Artigo 29º do Convenio Coletivo, relativo aos “dereitos de comedor”.
  • Artigo 34º.2 do Convenio Coletivo, relativo á “gratificación por xubilación”.
  • Disposición Adicional 3ª, relativa a períodos de descanso en Nadal e Semana Santa.


Para a CIG, a recuperación destes dereitos é unha cuestión fundamental polo que iniciamos un proceso de reclamación xudicial. Para máis, a Xunta chegou a recoñecer en distintos documentos que se podían mellorar as condicións de traballo dos empregados/as públicos/as por mor da evolución positiva da situación económica do País pero negouse a recuperar os dereitos do convenio e do FAS que nos arrebataron. 

Así, esta suspensión de dereitos baseábase no artigo 38.10 do EBEP, “por concorrer causas graves de interese público derivadas dunha alteración sustancial das circunstancias económicas que afectaban á sustentanbilidade das contas públicas”. A súa vixencia ficou condicionada á subsistencia da crise económica amparada nuns indicadores económicos específicos.

Eses indicadores melloraron a partires do ano 2018, tal e como se recolle en distintos informes oficiais das contas públicas elaborados polo Consello de Contas de Galicia, ou como tamén recoñece a propia Xunta na Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2020, polo que tiñan que quedar sen efeito as suspensións e modificacións temporais de dereitos impostas ao persoal. Pero non lles deu a gana. 

Levamos dende o 2019 insistindo: recuperar os dereitos suprimidos no 2012, e introducir na Lei do emprego público de Galiza as melloras pactadas no V Convenio Colectivo, aplicándollas a todo o persoal, funcionario e laboral. A via xudicial era a que nos quedaba e esperemos que sexa agora a xustiza a que elimine a suspensión “sine die” destes dereitos laborais. 

Menos chantaxes e mais igualdade e dereitos para todos: que nos devolvan dunha vez o roubado! 

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...