A Dirección Xeral de Función Pública enviounos o luns 2 de maio novos documentos referentes á relación de postos de traballo (RPT) do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, de cara a unha futura mesa de negociación.

Non hai memoria explicativa, nin económica. Tan só envían un anexo da cal sería a situación final das prazas e unha táboa de equivalencias entre antigos e novos postos (en versión de documento de texto e folla de cálculo).

Temos ata o luns 16 de maio para presentar as nosas alegacións, así que se queres dicirnos algo, faino un pouco antes: contactar coa CIG.