A Axencia Galega de Innovación (GAIN), enviounos o 13/02/23, documentación para unha proposta de modificación da súa RPT que será discutida  cos sindicatos o día 15.

Segundo a explicación de GAIN que consta na memoria que achegan, a modificación da RPT ten como obxectivos:

  1. Adaptación e actualización da RPT á nova estrutura da Gain coa creación da Área de Coordinación do Polo Aeroespacial de Rozas.
  2. Modificación da RPT como consecuencia da finalización do proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia con destino na Axencia.
  3. Actualización de prazas a consecuencia dos ceses e tomas de posesión derivados da resolucións de ofertas de emprego público.

Se é do teu interese, podes descargar a proposta. Descargar