Tal e como anunciabamos a pasada semana, no DOG do luns 27 de decembro de 2010 faise pública a convocatoria de cursos de formación continua da EGAP, correspondente ao 1º semestre do ano 2011, para o persoal laboral e funcionario da Xunta de Galicia.

O persoal que desexe participar nos cursos deberá cubrir o formulario de solicitude telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es/matricula. O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14.00h do 13 de xaneiro de 2011. O número máximo de cursos que se pode solicitar nesta convocatoria limítase a cinco.

Máis información:  981 54 62 46, 981 54 62 57 ou xestion.egap@xunta.es