Novas por contido

Recentemente se publicou o Plan de Formación Continua da EGAP para o 2011 así como a oferta formativa para o primeiro semestre. As principais novidades para o ano que entra xiran ao redor do maior peso da teleformación e das línguas estranxeiras, na expedición de diplomas de aproveitamento, o recoñecemento da formación no posto de traballo e a sucesiva publicación dos temarios de procesos selectivos, entre outras.

COMO VAI SER A FORMACIÓN DA EGAP NO 2011

A EGAP vai facer a maioría da súa formación pola via on-line, con moito máis peso dos cursos de formación de longa duración (con certificación modular) e con aumento no peso das linguas. É precisamente neste campo no que se da a maior procura de formación polo persoal da nosa administración e onde as solicitudes en xeral duplican o número de prazas ofertadas. No próximo ano vai haber formación en: inglés, portugués, alemán, francés, italiano, chino, árabe e ruso (no futuro próximo probablemente se ampliará a oferta).

Infelizmente, os cursos de aprendizaxe de linguas son conseguidos a través das mesas de formación estatais, onde se dedican recursos a desenvolver ou contratar ferramentas linguisticas que logo se poñen a disposición dos distintos promotores de formación, e claro, sen respectar o dereito a aprender dende o galego.

CURSOS CON DIPLOMA DE APROVEITAMENTO

A EGAP quérese diferenciar nos diplomas dos seus cursos e ir alén das simples certificacións de asitencias. No 2011 van tentar que a maioría dos  seus diplomas sexan de aproveitamento, é dicir, que certifiquen coñecementos e non simple asistencia.

Os cursos que leven diploma de aproveitamento implicarán uns requisitos previos de acceso, como ter feito formación previa inicial desa mesma materia ou proba de acceso ao curso. Estes cursos de aproveitamento levarán todos unha proba final que será necesaria superar para obter o dito diploma.


RECOÑECEMENTO DA FORMACIÓN NO POSTO DE TRABALLO E AO LONGO DA VIDA LABORAL

Desde a CIG levábamos anos reclamando o recoñecemento da formación obtida no propio posto de traballo ou de xeito autodidacta. Reclamabamos que se fixesen probas que certificasen esta formación e coñecemento para os efectos efectos de todo tipo de concursos e promocións.

E por fin, no mes de xuño de 2011, vanse facer as primeiras convocatorias abertas aos empregados da administración pública galega para demostrar os seus coñecementos non certificados documentalmente. De momento e por desgraza estas probas só abranguen o ámbito informatico. Desde a CIG seguimos a reclamar que ese tipo de probas se realicen noutras áreas de coñecemento e que sexan estensibles a outras administracións públicas.


TEMARIOS OFICIAIS

Seguen a elaborar temarios oficiais para as probas de selección. Infelizmente se fan con moita lentitude xa que neste ano só se sacou o temario da Escala de Axentes Medioambientais. Actualmente estase a punto de se publicar o da categoria III do grupo V (Ordenanza-Vixiante) do persoal laboral e o do subgrupo A1 de persoal funcionario. Todos os temários serán descargables desde a página web. Dende a CIG demandamos maior celeridade na súa publicación así como tamén que se negocien uns temarios oficiais e comúns para todos os concellos galegos.


DIPLOMAS DE CURSOS MODULARES

A EGAP deixou claro que en todos os cursos de longa duración onde se entregan diplomas parciais correspondentes aos distintos módulos que compoñen o curso non se poden valorar por duplicado eses módulos e máis o diploma final. O diploma final ten que valer moito mais e é imcompatible coa valoración á vez dos módulos por separado. Este asunto xa dera lugar a problemas e confusións pola valoración que estaba a facer Función Pública no atual concurso de traslados dos corpos xerais, polo que era de urxente aclaración.


A NOSA LINGUA

A EGAP, por mandato da Lei 3/83, ten que ser o elemento de referencia na normalización do galego na Administración.  Porén, hai leis que para algúns parecen de ficción pois non está no roteiro real das súias actuacións. Non se logra a normalización dunha lingua xa desprazada da mairoía de ámbitos (escolas, xustiza, negocios...) volvendo ás publicacións bilingües a dúas columnas da época preautonómica, como sucedeu con Administración e Cidadania ou REGAP. Se quixeran que esas revistas forán de referencia que dsipoñan tamén para descarga os principais artigos tamen en inglés. Pero se queren normalizar, que comecen por achegar o galego a todos eses sitios maioritarios onde domina o castelán (comezando polas plataformas de formación de linguas) e non por achegar o castelán aos poucos onde aínda está presente o galego.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...