No DOG do 19/04/2023 publican a Resolución do 12 de abril de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a creación da lista única para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario da agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña.

Destinatarios/as

Só o persoal que xa figura admitido nas listas do grupo V, categorías 001 e 011 (limpador/a e camareiro/a-limpador/a), e que non fose penelizado antes do 15 de xullo de 2014.

(As persoas que non estén integradas nas listas de persoal laboral das referidas categorías poderán facer unha solicitude de inclusión ata o 30 de abril, sempre que superasen algunha proba do último proceso selectivo, ou prestasen servizos)

Solicitude

Preferentemente de forma telemática, no formulario AP522T, accesible na sede electrónica da Xunta de Galiza.

Tamén poderá presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo de solicitude

Do 20 de abril ata o 11 de maio.

Documentación

Só quen NON teña nacionalidade española (debe presentar pasaporte ou outro documento que acredite que cumpre as condicións do artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril).