Grazas a presión exercida polo persoal temos convocatoria para comezar a negociación.

Despois de meses dende que se funcionarizou o persoal e un verán enchido de denuncias por malfacer na xestión de persoal contra o director xeral de Defensa do Monte, por fin a Secretaría Xeral Técnica convoca as organizacións sindicais para negociar un acordo para o persoal do SPIF. A primeira xuntanza será o mércores 27 ás 12:30.

O obxectivo da CIG nesta negociación vai ser mellorar as condicións de traballo actuais do persoal funcionario e laboral, sen diferencias nen discriminacións.

Pero lembremos que a forza témola os traballadores e traballadoras do servizo e xa o demostramos coa presentación de sinaturas que foron as que activaron esta convocatoria.