O director xeral de Función Pública convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que terá lugar o martes 21/11/23, coa seguinte orde do día para a súa aprobación:

1. Proposta de acordo polo que se actualizan os importes das axudas de custo por razón do servizo en territorio nacional para gastos por aloxamento e manutención e da indemnización por uso de vehículo particular para o persoal empregado público da Xunta de Galicia. Descargar

2. Proposta de Orde pola que se regula o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da Axencia de Calidade Alimentaria de Galicia procedente do suprimido Instituto Galego de Calidade Alimentaria. Descargar